viernes, 5 de junio de 2015

PADRIÑOS DE BARXILÓN: FERNANDO MIRANDA (Librería Miranda-Bueu)

Na presentación de Barxilón non podía faltar un libreiro, e o noso elexido foi:

Fernando Miranda, de Librería Miranda Bueu


Naceu en Bueu no ano 1978 (ano de apertura da librería).

A librería leva en activo máis de 30 anos, un dato sorprendente xa que só durante a crise cae o número de librerías en España nun 25%. 


E unha librería pequena e xeralista, que vende libros de texto, literatura, artigos de papelería, material escolar e de oficina, prensa e agasallos, ademáis de ofrecer servicios de encuadernación, fotocopias e fax. Teñen as últimas novidades en literatura e poden conseguir calquer libro que estemos buscando.

O seu obxectivo é ofrecer a mellor calidade e un excelente servicio aos seus clientes.

Fernando é un verdadeiro exemplo de emprendedor, que centra a súa actividade na dinamización e promoción da lectura. O seu perfil de facebook é unha guía imprescindible sobre a actualidade no sector do libro: publicacións, promocións, conta-contos, conferencias, concursos..pero ademáis faise eco da actividade cultural do pobo: asociacións, colexios...

Contactamos con el a través do facebook e inmediatamente ofreceuse a colaborar. Visitamos a súa librería e nos atopamos cunha persoa optimista, entusiasta e dinámica, un verdadeiro activista do libro.


MOITAS GRAZAS FERNANDO! VÉMOSTE O MÉRCORES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario