sábado, 6 de junio de 2015

PADRIÑOS DE BARXILÓN: ANXA CORREA (RINOCERONTE EDITORA)

Na nosa mesa de profesionais non podían faltar as editoriais, pero decidimos convidar a unha que nos parece moi especial, xa que propoñen OUTRO XEITO DE FACER AS COUSAS.



Rinoceronte Editora é unha editorial especializada na publicación de obras traducidas ó galego. Creouse en Cangas do Morrazo no ano 2005 coa intención de importar para a nosa lingua literatura estranxeira, fundamentalmente recente, e en especial de ámbitos culturais e lingüísticos inéditos en galego.


As principais coleccións de Rinoceronte, Contemporánea, Clásica e Vétera, responden a un criterio cronolóxico e comprenden obras de narrativa posteriores a 1950, de 1800 a 1950 e anteriores ó século XIX, respectivamente. Hai tamén coleccións de peto, poesía, audiolibros e banda deseñada.


Outro aspecto no que desexan destacar é mantendo unha actitude empresarial ética: remunerando adecuadamente ós tradutores e doando o 5% dos beneficios a proxectos de desenvolvemento no Terceiro Mundo.



Rinoceronte apoia distintas iniciativas sociais, culturais e humanitarias, mediante a subscrición, a asociación, realizando achegas económicas ou doando material, entre elas as seguintes: A Mesa pola Normalización Lingüística, Radiofusión, Tempos Novos, Praza.com, Shanga India, Kiva, Espazo Lectura, eldiario.es, Revista Mongolia, Intermón Oxfam.

MIL GRAZAS POR COLABORAR! VÉMONOS O MÉRCORES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario