viernes, 5 de junio de 2015

BARXILÓN QUERE AXUDAR A MATEO

O noso amigo Mateo ten 9 anos, vive en Cangas, e o pasado ano participou con nós nun traballo audiovisual para unha ONG xunto cos seus compañeiros de clase. Agora leva 9 meses loitando contra un tumor moi agresivo que decidiu instalarse na súa cabeciña, chamado "RABDOMIOSARCOMA ESCLESORANTE".


Mateo está decidido a vencelo pero necesita a nosa axuda, xa que os tratamentos son caros e a Seguridade Social non os cobre. Por iso, decidimos imprimir máis exemplares que os que imos enviar ás bibliotecas dos coles, e o vindeiro mércores, despois da presentación CALQUERA PODERÁ FACERSE CO LIBRO DE BARXILÓN A CAMBIO DUN DONATIVO PARA MATEO.



PORQUE A VIDA É UN LIBRO EN BRANCO E NÓS QUEREMOS ENCHER A DE MATEO DE COR!

FORZA AMIGO! CONTA CON NÓS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario